17 de maio: Día das letras galegas
Xa sei que chego un pouco tarde, pero para compensar este post vai en galego... para todos aqueles da terriña que me len.
A verdade é que non sei moito do tío ó que lle dedican as letras galegas, pero creo que é hora de voltar os ollos e mirar máis a miúdo para a nai patria. Se callar me da de comer en pouco tempo.
Imaxínense, señores, que me convirto nun as radiofónico da radio galega: maruxía forte, ondas de tres a catro metros... vamos, o Santiago Pemán das ondas.
Desde aquí cho digo, Gabilondo, de agora en diante vas ter que suar para conseguir ser o líder...
Estos son os soños de unha periodista en potencia que o único que ten de periodista é o título de unha universidade con máis prestixio histórico que fáctico.
Ah! por certo, as letras galegas (finalmente tiveno que mirar no Google) adicanselle a Lorenzo Varela... buff, non o coñecen nin na sua casa á hora de comer. Pero a todos os que queirades saber algo máis del, AQUÍ quedes un link con todo o que compre saber para non ser tratados de ignorantes.
0 Comments:
Publicar un comentario
<< Home